Rancho La Brea
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rancho La Brea ou La Brea Tar Pits (en galego, pozos de brea de La Brea) son un grupo de pozos de betume que se formaron hai milleiros de anos na contorna do parque Hancock, na zona central da cidade dos Ánxeles, en California. Ese asfalto natural infiltrouse nesta zona dende o solo hai ducias de milleiros de anos e adoita atoparse cuberto de po, follas ou auga. Nestes pozos preserváronse os ósos dos animais que quedaron atrapados no betume. O Museo George C. Page está dedicado a estudar eses pozos e amosar os animais que alí se atoparon. O Rancho La Brea é unha Paraxe Natural Nacional dos Estados Unidos de América.
Máis información Rancho La Brea La Brea Tar Pits, Marco Legal ...
Rancho La Brea La Brea Tar Pits | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | California Historical Landmark U.S. National Natural Landmark | ||
Ano de constitución: | 1964 | ||
Superficie: | |||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Estados Unidos | ||
Provincias: | California | ||
Concellos: | Os Ánxeles | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar