Rea (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rea é o segundo satélite de Saturno pola súa masa, e o décimo cuarto máis afastado do planeta (uns 527.000 km); tarda uns 4,5 días terrestres en completar un xiro.
Descubrimento | |
---|---|
Descuberto por | Giovanni Cassini |
Data | 23 de decembro de 1672 |
Características orbitais | |
Semieixe maior | 527.108 km |
Excentricidade | 0,0012583 |
Período orbital | 4,518 d |
Inclinación | 0,345 ° |
Satélite natural de | Saturno |
Características físicas | |
Diámetro principal | 1.528,8 km |
Masa | 2,32×1021 kg |
Densidade media | 1,24 g/cm³ |
Gravidade superficial | 0,27 m/s² |
Período de rotación | síncrono coa súa órbita |
Inclinación axial | 0,345 ° |
Albedo | 0,65 |
Atmosfera | non existente, |
A súa órbita é case circular e lixeiramente inclinada con respecto ao ecuador de Saturno.
É esférico e mide uns 1.529 km de diámetro, aproximadamente a metade que a Lúa, o que o converte no segundo maior satélite de Saturno. Crese que ten un núcleo rochoso que supón algo menos dunha terceira parte do diámetro, e manto e cortiza compostos por auga xeada e impurezas diversas.
Foi descuberto en 1672 polo astrónomo francés Jean-Dominique Cassini, que lle deu o nome da figura mitolóxica grega Rea, irmá e esposa de Cronos (Saturno no panteón romano). A lúa foi fotografada pola sonda estadounidense Voyager 1 en novembro de 1980, cando esta pasou polo sistema de Saturno.