Reino das Dúas Sicilias
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino das Dúas Sicilias (en italiano Regno delle Due Sicilie) é un antigo estado de Italia meridional, creado en 1816 e anexionado polo Reino de Italia en 1861. Comprendía os territorios de Nápoles e Sicilia, cunha extensión aproximada duns 95.000 km2. Foi gobernada por unha póla da Casa de Borbón española, descendente de Carlos III de España, o tamén rei de Nápoles e de Sicilia coma Carlos VII.
Regno delle Due Sicilie (it) Regnu dî Dui Sicili (scn) Regno d'e Ddoje Sicilie (nap) | |||||
Himno | Inno al Re (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Nápoles Palermo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.703.000 (1860) (77,77 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana Lingua siciliana Lingua napolitana | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 111.900 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1738 | ||||
Disolución | 21 de febreiro de 1861 | ||||
Sucedido por | Reino de Italia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía absoluta monarquía constitucional | ||||
Moeda | Q15256289 | ||||
Dúas Sicilias estaba formada polos antigos reinos de Sicilia e Nápoles, ligados á Coroa de Aragón desde os séculos XIII e XV, respectivamente. Co desmembramento da Monarquía Hispánica no Tratado de Utrecht (1713), Nápoles e Sicilia pasaron a dominio austríaco, pero case inmediatamente os españois trataron de recuperalos (Guerra da Cuádrupla Alianza). Aproveitando a Guerra de Sucesión Polaca, en 1734, Carlos de Borbón, daquela Duque de Toscana, derrotou os austríacos coas tropas de seu pai Filipe V de España, e recuperou estes reinos para a súa dinastía, aínda que se unirían aos dominios do rei de España. Carlos foi recoñecido de inmediato por Francia en virtude do Primeiro Pacto de Familia. En 1737 faríano os Estados Pontificios e, deseguido, o resto dos Estados italianos.
Á morte de seu irmán Fernando VI de España, Carlos cedeu o trono de Nápoles-Sicilia ao seu fillo Fernando (IV de Nápoles e III de Sicilia) en 1759 para poder cinguir a coroa española. Fernando IV de Nápoles, tralo periplo xerado coa Revolución Francesa e as guerras napoleónicas, regresou ao trono napolitano e cambiou a denominación Nápoles-Sicilia por Reino das Dúas Sicilias en 1816. Desde entón foi coñecido coma Fernando I do Reino das Dúas Sicilias. O seu neto, Francisco II, en 1860 perdeu o Reino, conquistado por Garibaldi trala denominada expedición dos mil. Con esta conquista, o Reino das Dúas Sicilias deixou de existir como estado independente.