Rexión Metropolitana de Salvador
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Região Metropolitana de Salvador, tamén coñecida como Grande Salvador ou polo acrónimo RMS, foi instituída pola Lei Complementar Federal número 14, do 8 de xuño de 1973. Con 3.574.804 habitantes[1] (IBGE/2010), é a terceira rexión metropolitana máis habitada do Nordeste brasileiro, a sétima do Brasil e a 109ª do mundo.[2]
Nomeado en referencia a | Salvador | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Bahia | ||||
Creación | 8 de xuño de 1973 | ||||
Comprende os municipios de Camaçari, Candeias, Dias d'Ávila, Itaparica, Lauro de Freitas, Madre de Deus, Mata de São João, Pojuca, Salvador, São Francisco do Conde, São Sebastião do Passé, Simões Filho e Vera Cruz.
A súa área de influencia abrangue os estados da Baía e Sergipe, alén de parte dos estados de Alagoas, Pernambuco e Piauí.
A RMS carece de órganos para a coordinación de accións conxuntas e para a descentralización, xa que, aínda que Salvador posúe máis de 2,6 millóns de habitantes, en ningún dos outros municipios pode haber segunda volta nas eleccións municipais.[3].