Robin Hood
From Wikipedia, the free encyclopedia
Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval. Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham. Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Juan sen Terra, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. Na Inglaterra medieval , todo individuo que se opuña ós edictos reais era considerado un foraxido.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |