Roldán
comandante dos francos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Roldán, tamén chamado Rolán ―forma galega do nome, habitual no galego medieval―[1] (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan; en italiano Orlando ou Rolando) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretoa. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de Carlomagno como o suposto fillo da súa irmá, Gisela.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 737 |
Morte | 15 de agosto de 778 (40/41 anos) Roncesvales |
Causa da morte | morto en combate |
Prefect of the Breton March (en) | |
778 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino franco |
Actividade | |
Ocupación | cabaleiro |
Outro | |
Título | Conde |
Parella | Aude (en) |
Pechar