Royal Australian Navy
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Royal Australian Navy (RAN) é o corpo naval da Forza de Defensa Australiana. Tras a Federación de Australia en 1901, os barcos e recursos das armadas coloniais independentes integráronse nunha forza nacional: a Commonwealth Naval Forces. Orixinalmente prevista para a defensa local, á armada concedéuselle o título de "Royal Australian Navy" en 1911, e converteuse na responsable da defensa da rexión.
Real Armada Australiana | |
---|---|
Royal Australian Navy; RAN | |
Bandeira da Royal Australian Navy. | |
Activa | 1911-actualidade |
País | Australia |
Rama | Forza de Defensa de Australia |
Tipo | Naval |
Tamaño | 14 215 Persoal permanente 8 493 Persoal na reserva |
Alcume(s) | RAN |
Lema(s) | Serving Australia with Pride |
Aniversarios | 10 de xullo |
Equipamento | 50 buques |
Enfrontamentos | Primeira guerra mundial Segunda guerra mundial Guerra de Corea Emerxencia en Malaisia Confrontación Indonesia Guerra de Vietnam Guerra do Golfo Guerra de Afganistán Guerra de Iraq |
Páxina web | www.navy.gov.au |
Comandantes | |
Comandante actual | Sir Peter Cosgrove |
Aeronaves utilizadas | |
Helicópteros | Sikorsky MH-60R |
Helicópteros de recoñecemento | NHIndustries NH90 |
Helicópteros de adestramento | Bell 429 GlobalRanger |
A Royal Navy británica continuou apoiando á RAN e proporcionándolle capacidade de defensa adicional no Pacífico ata os primeiros anos da segunda guerra mundial. Entón, a rápida expansión nos tempos de guerra impulsou a adquisición de grandes buques de superficie e a construción de moitos barcos de guerra máis pequenos. Na seguinte década a RAN mercou un pequeno número de portaavións, o último deles pagado completamente en 1982.
Hoxe en día, a RAN está formada por 51 buques comisionados e uns 16 000 homes. É unha das máis grandes e sofisticadas armadas da rexión do Pacífico, cunha presenza significativa no océano Índico e en operacións por todo o mundo apoiando campañas militares e misións de paz. O actual Xefe da Mariña é o vicealmirante Ray Griggs.