Río Lena
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Lena (en ruso Лена), do leste de Siberia, é, cos seus 4.400 km., o décimo río máis longo do mundo e o que ten a novena maior ribeira. Dende os 1.640 m de altitude da súa orixe nos montes Baikal, ó sur da Meseta Central Siberiana, 20 km ó oeste do lago Baikal, o Lena flúe cara ó noroeste, e a el únense o Kirenga e o Vitim. Desemboca ó sueste das Novas Illas Siberianas formando un delta de 10.800 m² de superficie, cruzado por sete ramas principais, sendo a máis importante o Bylov, a máis oriental.
- Para o río asturiano véxase río Lena
Un dos seus principais atractivos turísticos son os Piares do Lena, unha curiosa formación rochosa que se atopa nas súas marxes.