Rómulo Augústulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rómulo Augústulo foi o derradeiro emperador do Imperio Romano de Occidente, entre os anos 475 e 476.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nome orixinal | (la) Romulus Augustus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Rávena |
Morte | Castelo do Ovo (pt) |
Emperador romano de occidente | |
31 de outubro de 475 (Gregoriano) – 4 de setembro de 476 (Gregoriano) ← Xulio Nepote | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Romano de Occidente Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | Emperador |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Lingua | Lingua latina |
Participou en | |
476 | deposición de Rómulo Augústulo |
Outro | |
Título | Emperador |
Pai | Flávio Orestes (pt) |
Naceu en Rávena no 461, fillo de Flavio Orestes e mais dunha dama romana de alto avoengo, condición necesaria para o seu nomeamento. O seu nome de Rómulo puxéraselle en honor do tío de Orestes e Augustus era o título dos emperadores, pero dada a súa curta idade, os romanos chamáronlle Augustulus (pequeno emperador). Con todo, o emperador de Oriente Zenón non o recoñeceu como tal.
A presión dos hérulos reclamando a entrega de terras no centro da península Itálica provocou a caída de Rómulo cando contaba tan só 15 anos de idade. No seu lugar, o xeneral dos hérulos Odoacro reclamou o trono de Italia (476), confinando a Rómulo en Lucullanum, hoxe Castel dell'Ovo, na baía de Nápoles. A data da súa morte é descoñecida, xa que, a pesar de que a partir de 476 se perde o seu rastro histórico, existen algúns indicios que poderían testemuñar a súa supervivencia ata as décadas de 520 ou 530.
Considérase que a súa deposición marca o fin do Imperio Romano, aínda que a parte oriental sobreviviu ata 1453. Este feito levou a numerosos historiadores a considerala como o comezo da Idade Media. De feito, aínda que Odoacro reclamou o trono de Italia, non mostrou interese en aspirar á dignidade imperial e enviou as insignias do poder a Constantinopla, recoñecendo o seu monarca como único emperador. Este episodio serviu como xustificación xurídica aos emperadores de Bizancio para considerarse lexítimos soberanos do Imperio Romano e, eventualmente, tentar a reconquista dos territorios occidentais.