Sólido arquimediano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sólidos arquimedianos son un grupo de poliedros convexos con caras que son polígonos regulares de dous ou máis tipos. Todos os sólidos de Arquímedes son de vértices uniformes. A maioría deles obtense truncando os sólidos platónicos. Arquímedes describiu amplamente estes corpos en traballos que foron desaparecendo, e non foi ata o Renacemento cando artistas e matemáticos os redescubriron.