SPARC
From Wikipedia, the free encyclopedia
SPARC (acrónimo de Scalable Processor ARChitecture) é unha arquitectura RISC big-endian, é dicir, unha arquitectura cun conxunto reducido de instrucións. Baséase nos deseños RISC I e II da Universidade de California, Berkeley que foron definidos entre os anos 1980 e 1982.
A empresa Sun Microsystems deseñou esta arquitectura no ano 1985 e licenzouna a outros fabricantes como Texas Instruments, Cypress Semicondutor, Fujitsu, LSI Logic entre outros.
SPARC é a primeira arquitectura RISC aberta e como tal as especificacións de deseño están publicadas, así outros fabricantes de microprocesadores poden poñer en funcionamento o seu propio deseño.
Unha das ideas innovadoras desta arquitectura é a ventá de rexistros que permite facer facilmente compiladores de alto rendemento e unha significativa redución de memoria nas instrucións "load/restore" en relación con outras arquitecturas RISC. As vantaxes aprécianse sobre todo en programas grandes.
A cpu SPARC esta composta dunha unidade enteira (IU) "Integer Unit" que procesa a execución básica e unha unidade de punto flotante (FPU) "Floating-Point Unit" que executa as operacións e cálculos de reais. A IU e a FPU poden ou non estar integradas no mesmo chip.
Aínda que non é unha parte formal da arquitectura, as computadoras baseadas en sistemas SPARC de Sun Microsystems teñen unha unidade de manexo de memoria (MMU) e un gran caché de direccións virtuais (para instrucións e datos) que están dispostos perifericamente sobre un bus de datos e direccións de 32 bits.