Santa María (nao)
nave usada por Cristovo Colón / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Santa María (por veces La Gallega) foi a maior das tres naves e así mesmo a nao[5] capitá empregada por Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. Era propiedade de Juan de la Cosa.
Santa María (La Gallega) | |
---|---|
Réplica da Nao Santa María no Peirao das Carabelas, La Rábida, en Palos de la Frontera (Andalucía). | |
Historial | |
Estaleiro | Lérez, Pontevedra, Galicia |
Tipo | Nao[1][2] ou carabela[3] (segundo fontes) |
Posta en grella | arredor de 1480 |
Destino | Naufraxio na costa norte da Illa de Santo Domingo en 1492 |
Características xerais | |
Desprazamento | 200 a 250 t[lower-alpha 1] |
Eslora | • Quilla : 19,92 m (69 pés de Burgos de 0,28 m) • Cuberta: 23,52 m (84 pés de Burgos) |
Manga | 7,34 m (26 pés de burgos) |
Puntal | 3,36 m (12 pés de Burgos) |
Calado | • Máximo: 2,8 m (10 pés de burgos) • Medio: 2,52 m (9 pés de burgos) • Mínimo : 1,68 m (6 pés de burgos) |
Aparello | • 3 mastros bauprés • Velas cadradas en maior, trinquete e cebadeira • Vela latina en mesana • 5 velas[4] |
Tripulación | 39 homes |
As outras dúas naves da expedición foron as carabelas Niña e Pinta. A diferenza destas, a Santa María non retornou a Europa porque sobordou na Illa da Española.
Malia terse dito que a Santa María era unha carabela no Diario de a Bordo de Cristovo Colón, compilado por Bartolomé de las Casas, esta era a maior das "tres carabelas", e en varias xornadas defínese coma nao.
Existen dúbidas sobre a procedencia da nao Santa María, mais semella que foi construída nos estaleiros Lérez da cidade de Pontevedra[6] e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristovo García Sarmiento, por este motivo quizais fora este o porto elixido nun principio para regresar (finalmente só retornou a Pinta a Baiona).