Sarah Parker Remond
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sarah Parker Remond, nada en Salem, Massachusetts, o 6 de xuño de 1815 e finada en Florencia o 13 de decembro de 1894, foi unha médica, conferenciante estadounidense, abolicionista e membro da Sociedade Antiesclavista Estadounidense. Realizou o seu primeiro discurso contra a escravitude cando tiña dezaseis anos. Viaxou a Inglaterra para reunir apoio para a causa abolicionista nos Estados Unidos e, despois do comezo da guerra civil estadounidense, para o apoio do exército da Unión e o bloqueo da Unión da Confederación.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1824 Salem (Estados Unidos de América) |
Morte | 13 de decembro de 1894 (70 anos) Roma |
Lugar de sepultura | Cemiterio protestante |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Bedford College (en) Universidade de Londres |
Actividade | |
Ocupación | médica , abolicionista , autobiógrafa , sufraxista |
Familia | |
Irmáns | Charles Lenox Remond (en) e Caroline Remond Putnam (en) |
Pechar
De Inglaterra foi a Italia en 1866, onde estudou medicina. Exerceu a carreira durante case 20 anos en Florencia, casou alí e nunca volveu aos Estados Unidos.