Saski Baskonia
club de baloncesto profesional da cidade de Vitoria-Gasteiz / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Baskonia S.A.D., é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. O Baskonia compite na Liga ACB española, onde é un dos clubs máis potentes, e na Euroliga. Entre os seus logros destacan catro títulos da Liga ACB, seis Copas do Rei e unha Copa Saporta. O Baskonia xoga os seus encontros como local no Fernando Buesa Arena, un pavillón con capacidade para 15 504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex xogador Josean Querejeta.
Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Baskonia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB / Euroliga |
Fundación | 26 de decembro de 1959 |
Historia | CD Vasconia (1959−1976) CD Basconia (1976−1987) |
Cores | Vermello, azul |
Presidente | Josean Querejeta |
Adestrador | Duško Ivanović |
Localización | |
Cidade | Vitoria, España |
Pavillón | Fernando Buesa Arena |
Capacidade | 15 504 |
Inauguración | 1991 |
Campionatos | |
C. Saporta | 1 (1996) |
Liga | 4 (2002, 2008, 2010, 2020) |
Copa | 6 (1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009) |
Supercopa | 4 (2006, 2007, 2008, 2009) |
baskonia.com |
Pechar