Segunda división española de fútbol
segunda categoría da liga española de fútbol / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Nacional de Liga de Segunda División, máis coñecido como Segunda División e por razóns de patrocinio como LaLiga hypermotion[1], é a segunda categoría da liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Primeira División RFEF. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Segunda División | |
---|---|
Fundación | 10 de febreiro de 1929 |
Rexión | España |
Confederación | UEFA |
Equipos | 22 |
Copa | Copa do Rei |
Ascenso | Primeira División |
Descenso | Primeira División RFEF |
Actual campión | Granada CF (4º título) |
Máis laureado | Real Murcia (8 títulos) |
Televisión | Movistar LaLiga #Vamos Gol |
Organizador | Liga de Fútbol Profesional (LFP) |
Sitio web | www.laliga.com |
Segunda División 2023–24 |
É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A Segunda División é, xunto coa Primeira División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP.
Ao longo da súa historia, corenta e seis clubs resultaron campións de Segunda División, sendo o máis laureado con 8 títulos o Real Murcia, seguido do Betis (7), e Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón e Real Oviedo (todos con 5). O Osasuna, seguinte no palmarés.