Segunda división española 1934/35
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1934–35 da Segunda División de España foi a 7ª edición deste torneo. Foi o primeiro ano no que se competiu segundo este formato de tres grupos e unha fase final que disputarían os dous primeiros clasificados de cada un deles. O Hércules CF declarouse campión e acadou o ascenso a Primeira División xunto ao CA Osasuna ao tempo que o último clasificado de cada grupo descendeu directamente ás categorías rexionais, neste caso serían o Racing de Ferrol, CD Logroño e Sport La Plana. Tendo en conta a ampliación de 10 a 24 equipos que sufriu a categoría ascenderon gran número de equipos, porén o ano anterior non se disputara a Terceira División polo que estes clubs foron designados directamente pola Federación Española de Fútbol, agás ao Gimnástico de Valencia, Sport La Plana, Malacitano e Recreativo de Granada que foron os campións e subcampións dos Campionatos Superrexionais Levante e Sur. Así mesmo o Elche CF substituír o Deportivo Alavés que renunciou á súa praza en Segunda División.
Tipo | Segunda División Española |
---|---|
Deporte | fútbol |
Liga superior | Primeira división española 1934/35 |
Liga inferior | Divisións rexionais de fútbol en España |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1934-1935 |
Competición | |
Primeiro posto | Hércules Club de Fútbol |
Datos estatísticos | |
Partidos | 154 |