Segunda división española 1935/36
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 1935–36 da Segunda División de España foi a 8ª edición deste torneo, a última antes da guerra civil española. O campionato estivo composto por unha primeira fase con tres grupos e unha fase final cun grupo composto polos dous primeiros de cada grupo da primeira fase. Finalmente acadaron o ascenso a Primeira División o Celta de Vigo e o Real Zaragoza. Por outra banda, introduciuse un sistema para calcular que equipos descenderían no cal se sumarían os puntos acadados nos campionatos mancomunados e mais os obtidos durante a fase de grupos da liga de Segunda División, porén moitos destes descensos quedaron sen consumar ao retomarse a competición en 1939.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Segunda División Española |
---|---|
Deporte | fútbol |
Liga superior | Primeira división española 1935/36 |
Liga inferior | Divisións rexionais de fútbol en España |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1935-1936 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Club Celta de Vigo |
Datos estatísticos | |
Partidos | 168 |
Pechar