Selección de fútbol de Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol de Cuba é o equipo representante nacional deste país nas competicións oficiais de fútbol. Está controlado pola Asociación de Fútbol de Cuba, pertencente á CONCACAF. A súa sede para os partidos de local adoita ser o estadio Pedro Marrero da Habana. Cuba ostenta o privilexio de ser o primeiro país do Caribe en chegar á fase final da Copa Mundial de Fútbol ao clasificarse ao Mundial de Francia 1938, alcanzando os cuartos de final. Nunca máis participou nun Mundial dende aquela. Tamén hai que destacar que os cubanos se clasificaron en dúas oportunidades aos Xogos Olímpicos, en 1976 e en 1980 (onde chegou a cuartos de final). No ano 2013, a selección sub-20 logrou por primeira vez o seu pase ao mundial da categoría (Turquía 2013) mentres que a selección sub-17 ten no seu haber dúas participacións nos mundiais desa categoría en 1989 e 1991.
Cuba | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Asociación de Fútbol de Cuba | ||
Confederación | CONCACAF (Caribe) | ||
Código FIFA | CUB | ||
Alcume | Leones del Caribe (Leóns do Caribe) | ||
Clasificación FIFA | 179 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Pablo Sánchez[2] | ||
Máis encontros | Yénier Márquez (126)[4] | ||
Máximo goleador | Lester Moré (29) | ||
Estrea internacional Cuba 3 − 0 Xamaica A Habana, Cuba; 16 de marzo de 1930[5] | |||
Maior vitoria Cuba 11 − 0 Turks e Caicos A Habana; 8 de setembro de 2018[6] | |||
Maior derrota Suecia 8 − 0 Cuba Antibes, Francia; 12 de xuño de 1938 Unión Soviética 8 − 0 Cuba Moscova, Unión Soviética; 24 de xullo de 1980 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 1 (primeira en 1938) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (1938) | ||
Copa Ouro | |||
Participacións | 11 (primeira en 1971) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1971) | ||
Aínda que o fútbol non é un deporte de tradición no país (sendo o béisbol o máis popular), nos últimos anos houbo unha mellora notable nesta área. Cuba conseguiu o segundo posto na Copa do Caribe nos anos 1996, 1999 e 2005 gañando con éxito a edición de 2012. A nivel afeccionado Cuba gañou en 5 ocasións a medalla de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe, en 1930, 1970, 1974, 1978 e 1986. Ademais logrou a medalla de prata nos Xogos Panamericanos de 1979 e a Medalla de bronce en 2 oportunidades: 1971 e 1991.