Selección de fútbol de Bolivia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de fútbol de Bolivia é o equipo representativo do Estado Plurinacional de Bolivia nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación Boliviana de Fútbol, a cal é membro de CONMEBOL. Xogou o seu primeiro partido o 12 de outubro de 1926 en Santiago de Chile, correspondente ao Campionato Suramericano de 1926. A selección boliviana participou tres veces da Copa Mundial de Fútbol (1930, 1950 e 1994). Nas copas de 1930 e 1950 participou como convidado, mentres que na edición de 1994 clasificouse disputando as eliminatorias correspondentes.
Bolivia | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Federación Boliviana de Fútbol — FBF | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | BOL | ||
Alcume | La Verde (A Verde) | ||
Clasificación FIFA | 75 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | César Farías | ||
Máis encontros | Ronald Raldes (102) | ||
Máximo goleador | Joaquín Botero (20) | ||
Estrea internacional Chile 7 − 1 Bolivia Santiago de Chile, Chile; 12 de outubro de 1926 | |||
Maior vitoria Bolivia 7 − 0 Venezuela A Paz, Bolivia; 22 de agosto de 1993 Bolivia 9 − 2 Haití A Paz, Bolivia; 3 de marzo de 2000 | |||
Maior derrota Uruguai Uruguai 9 − 0 Bolivia Lima, Perú; 6 de novembro de 1927 Brasil 10 − 1 Bolivia São Paulo, Brasil; 10 de abril de 1949 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 3 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (1930, 1950, 1994) | ||
Copa América | |||
Participacións | 27 (primeira en 1926) | ||
Mellor resultado | Campións (1963) | ||
Bolivia participou 23 veces na Copa América, onde se consagrou campioa gañado a edición de 1963, este título constitúe o seu maior logro internacional. Tamén foi finalista na edición de 1997. Este subcampionato, permitiulle clasificarse por primeira e única vez á Copa FIFA Confederacións de 1999. En canto ás seleccións xuvenís, Bolivia gañou o Campionato Suramericano Sub-16 de 1986. Destácanse ademais o cuarto lugar no Campionato Suramericano Sub-20 de 1981 e 1983 e tamén nos Xogos Panamericanos de 2007.