Selección de fútbol de Romanía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol de Romanía é o equipo que representa a Romanía nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federaţia Română de Fotbal (do romanés: Federación Romanesa de Fútbol), pertencente á UEFA. A selección é alcumada habitualmente como "Tricolorii" ou "os tricolores", por mor das cores do seu equipamento.
Romanía | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Federaţia Română de Fotbal | ||
Confederación | UEFA (Europa) | ||
Código FIFA | ROU | ||
Alcume | Tricolorii (Tricolores) | ||
Clasificación FIFA | 37 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Mirel Rădoi | ||
Máis encontros | Dorinel Munteanu (134) | ||
Máximo goleador | Gheorghe Hagi Adrian Mutu (35) | ||
Estrea internacional Iugoslavia 1 − 2 Romanía Belgrado, Iugoslavia; 8 de xuño de 1922 | |||
Maior vitoria Romanía 9 − 0 Finlandia Bucarest, Romanía; 14 de outubro de 1973 | |||
Maior derrota Hungría 9 − 0 Romanía Budapest, Hungría; 6 de xuño de 1948 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (1994) | ||
Eurocopa | |||
Participacións | 5 (primeira en 1984) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2000) | ||
Romanía é un dos catro países, xunto a Bélxica, o Brasil e Francia, que participou no primeiras tres edicións da Copa do Mundo de Fútbol, as únicas disputadas antes da interrupción do fútbol pola segunda guerra mundial. No mundial de fútbol dos Estados Unidos de 1994, liderados por Gheorghe Hagi, conseguiron a súa mellor clasificación nun Mundial ao acadar os cuartos de final, tras derrotar a un dos candidatos, Arxentina por 3-2. Con todo, os tiros de penalti ante Suecia impediron que os romaneses chegar situarse entre os catro mellores do torneo. Na Eurocopa, a súa mellor participación foi na Euro 2000 de Béxica e os Países Baixos, chegando tamén a cuartos de final, onde perderon por 2-0 ante Italia.