Siero
From Wikipedia, the free encyclopedia
Siero é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte con Xixón, ao leste con Villaviciosa, Sariegu, Nava, e Bimenes, ao sur cos concellos de Langreu e Samartín del Rei Aurelio, e polo oeste con Oviedo e Llanera. A súa extensión total é de 209,32 km², e a súa poboación actual é de 50.233 habitantes, sendo A Pola, Lugones, Urbanización a Fresneda e O Berrón os seus núcleos de poboación. Inclúe no seu territorio o concello de Noreña.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Pola de Siero (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 52.194 (2023) (247,1 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 20.468 (2011) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 211,23 km² | ||||
Bañado por | Rio Nora (pt) | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Siero (en) | Ángel García (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33510 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33066 | ||||
Páxina web | ayto-siero.es |
Dado o seu carácter centralizado conta cunha importante e extensa rede comunicativa, tanto por vía ferroviaria como por estrada. Así son de destacar as autoestradas A-66, que une Oviedo, Xixón e Avilés, e a A-8, a nacional N-634, ou a famosa estrada carboeira, estando en fase de terminación a autovía mineira, que enlaza as concas con Xixón e que tamén atravesará o municipio sierense. Da súa rede ferroviaria hai que dicir que Siero conta no seu territorio coas dúas liñas que operan no norte do país, é dicir a FEVE e a RENFE.
Desde o punto de vista xeolóxico a maior parte do chan de Siero é cretáceo con arenitas, pudingas e margas, aínda que tamén hai terreo aluvial nas proximidades dos ríos Nora e Noreña e terreo carbonífero na zona suroriental.