Silabarios indíxenas canadenses
sistema de escrita para algunhas linguas indíxenas de América do Norte creado en 1840 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os silabarios indíxenas canadenses son unha familia de alfasilabarios (cuxo sistema de escrita se basea en pares de consoantes e vogais) creados por James Evans para escribir certo número de linguas indíxenas do Canadá das familias algonquina, esquimó-aleutiana, e (anteriormente) atapascana, as cales non tiñan un sistema de escrita formal anteriormente. Son recoñecidos pola súa distintividade respecto do alfabeto latino das linguas dominantes no Canadá e pola facilidade coa que se pode acadar a alfabetización;[2] de feito, a finais do século XIX os cree acadaron o que puido ser un dos índices de alfabetización máis altos do mundo.[3]
Datos rápidos Tipo, Linguas ...
Inscrición en lingua cree das chairas, usando as convencións do silabario cree occidental. O texto translitérase a Êwako oma asiniwi mênikan kiminawak ininiwak manitopa kaayacik. Êwakwanik oki kanocihtacik asiniwiatoskiininiw kakiminihcik omêniw. Akwani mitahtomitanaw askiy asay êatoskêcik ota manitopa. | |
Tipo | Alfasilabario |
---|---|
Linguas | alg: cree, naskapi, ojibwa/chippewa, siksiká esx: inuktitut, inuinnaqtun ath: dane-zaa, slavey, chipewyan/sayisi, carrier (dakelh), sekani[1] |
Creador | James Evans |
Creación | 1840 |
Sistemas | |
Sistemas derivados | Inuktitut, cree (occidental, oriental), ojibwa, siksiká, dakelh |
Código ISO 15924 | Cans, 440 |
Unicode | U+1400–U+167F Unified Canadian Aboriginal Syllabics, U+18B0–U+18FF Unified Canadian Aboriginal Syllabics Extended |
Pechar
Este artigo amosa letras nativas canadenses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |