Silano
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O silano é un composto químico de fórmula SiH4. É análogo ao metano (CH4), porén derivado do silicio. Suponse que a temperatura ambiente o silano é un gas pirofórico (entra en combustión espontaneamente en presenza do aire sen necesidade dunha fonte de ignición), aínda que hai quen di[quen?] que o silano é estábel e que a formación natural dos silanos maiores durante a súa produción é a causa da súa piroforicidade. Por riba dos 420 °C o silano descomponse en silicio e hidróxeno, polo que pode ser empregado na deposición química de vapor de silicio.
De forma máis xeral, un silano é calquera composto de silicio análogo aos alcanos, neste caso derivados do silicio. Os silanos consisten nunha cadea de átomos de silicio unidos covalentemente a átomos de hidróxeno. A fórmula xeral dun silano é SinH2n+2. Os silanos tenden a ser menos estábeis que os seus análogos de carbono, pois a ligazón Si-Si é de menor enerxía que a ligazón C-C. O osíxeno descompón os silanos porque a ligazón Si-O é moi estábel.
Xeral | |
---|---|
Nome | Silano |
Fórmula química | SiH4 |
Cor e aparencia | gas incoloro |
Físicas | |
Masa molecular | 32,1 u |
Punto de fusión | 88 K (-185 °C) |
Punto de ebulición | 161 K (-112 °C) |
Densidade | 0,7 ×103 kg/m3 líquido |
Solubilidade | insolúbel |
Termoquímica | |
ΔfH0gas | ? kJ/mol |
ΔfH0líquido | ? kJ/mol |
ΔfH0sólido | -1615 kJ/mol |
S0gas, 1 bar | ? J/mol•K |
S0líquido, 1 bar | ? J/mol•K |
S0sólido | 283 J/mol•K |
Riscos | |
Inxestión | Relativamente pouco tóxico porén evitar exposición. |
Inhalación | Relativamente de baixa toxicidade, pode provocar tose |
Pel | Irritante |
Ollos | Irritante |
Mais informacións | Hazardous Chemical Database (En inglés) |