Snits (uitspraak(axuda·info)) é unha cidade e antigo concello de Frisia (Países Baixos) integrado o 1 de xaneiro de 2011 no novo concello de Súdwest Fryslân que abrangue boa parte do suroeste de Frisia, con Snits como a capital do novo concello. A cidade localízase ao suroeste da capital frisoa Ljouwert e conta con case 33.000 habitantes, constituíndo un centro importante no suroeste frisón, cun importante porto no Snitser Mar e entre os seus monumentos salienta o Wetterpoarte, coñecido internacionalmente polo seu nome en neerlandés, Waterpoort, unha porta que conecta a cidade co mar que se converteu no símbolo da cidade. A cidade tamén ten unha longa tradición de competicións deportivas no mar, a máis coñecida é o Sneekweek, dedicada á vela, e tamén é un dos puntos polo que pasa o Alvestêdetocht, unha competición de patinaxe de velocidade sobre xeo. Snits é unha das once cidades tradicionais de Frisia, coñecidas como Fryske stêden.