Stanley Miller
From Wikipedia, the free encyclopedia
Stanley L. Miller, nado en Oakland (California), o 7 de marzo de 1930 e finado o 20 de maio de 2007, foi un científico estadounidense principalmente coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida. Educouse na Universidade de California (obtendo a súa licenciatura en ciencias en 1951), onde foi estudante de Harold Urey. No experimento de Miller e Urey, levado a cabo en 1953 como estudante diplomado, realizou unha simulación das condicións da Terra primitiva en busca das reaccións químicas que puideron construír os seus primeiros bloques esenciais (aminoácidos e proteínas) simples. En 1954 obtivo o doutoramento en Química na Universidade de Chicago. Foi axudante de profesor entre (1958-1960), profesor asociado entre (1960-1968) e profesor de química na Universidade de California, San Diego en 1958, permanecendo no posto durante moitos anos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Stanley Lloyd Miller 7 de marzo de 1930 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de maio de 2007 (77 anos) National City, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago Universidade de California en Berkeley |
Director de tese | Harold Clayton Urey |
Actividade | |
Campo de traballo | Químico |
Ocupación | químico , profesor universitario , biólogo , bioquímico |
Empregador | Universidade da Califórnia em San Diego (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Jeffrey L. Bada (pt) |
Premios
|
Os seus estudos abarcan a orixe da vida (considerouse un pioneiro no estudo de exobioloxía), a ocorrencia natural de hidratos clatratos, e mecanismos xerais de anestesia. Foi membro da Academia Nacional de Ciencias, e recibiu unha Medalla Oparin.
Na década dos 50, Miller axudou a substituír a síntese abiótica de compostos orgánicos no contexto da evolución. Utilizou a simulación en laboratorio das condicións químicas na Terra primixenia para demostrar que a síntese espontánea destes compostos podería ser unha etapa precoz da orixe da vida.