Stickney (cráter)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cráter Stickney é o cráter máis grande da lúa de Marte, Fobos. Esta localizado a 5°S 55°E en Fobos e ten 9 km de diámetro, ocupando así unha boa porción da superficie da lúa.
Foi nomeada deste xeito en honra á matemática Chloe Angeline Stickney Hall, a muller do descubridor de Fobos, Asaph Hall.[1] En 1878 Hall escribiría que probablemente tería abandonado a busca dos satélites de Marte de non ser polo apoio da súa muller.[2] O cráter foi nomeado no 1973, baseándose en imaxes do Mariner 9 , polo comité de nomenclatura da UAI encabezado por Carl Sagan.[3]
Stickney ten un cráter dentro del, do redor de 2 km, resultado dun impacto posterior. No 2006 déuselle o nome de Limtoc, unha das personaxes das viaxes de Gulliver.[1]
Fisuras e catenas aparecen irradiando dende Stickney, deixando teorías onde existe a alta probabilidade de que o impacto que formou este cráter, puidese ter destruído a lúa de Fobos. Por outra banda, evidencias obtidas pola sonda orbital Mars Express parecen indicar que non hai relación estre estas fisuras e catenas e o cráter Stickney, estas catenas e fisuras poderían estar formadas por materiais expulsados de impactos en Marte. O cráter ten unha visible textura de liñas nas súas paredes interiores, causadas pola caída de materiais cara ó interior do cráter.[4]
E posible que Stickney poida ser visto dende Marte a simple vista.[5] Esta localizado no medio da cara oeste de Fobos, visto dende Marte.