Subdivisións de Portugal
From Wikipedia, the free encyclopedia
A base principal da estrutura administrativa de Portugal son os 308 concellos (tamén chamados municipios) administrados polas cámaras municipais), que se subdividen en 4257 freguesías (administradas por xuntas de freguesía).
Esta estrutura cobre completamente o territorio portugués, incluíndo zonas territoriais onde a respectiva cámara e xunta non teñen ningunha xurisdición práctica, como poden ser as zonas de administración militar ou os Parques e Reservas Naturais, entre outros.
Existen tamén outras divisións de inmediatamente superiores ao concello, pero están asociadas a determinadas actividades (comarcas xudiciais, rexións de turismo...), de carácter máis técnico, histórico ou cultural. Existiron tamén tentativas de definir rexións naturais, sen ningún tipo de valor administrativo.
Os concellos son a división territorial con poder político máis estábel da historia do Portugal continental, sendo máis complexo o caso das subdivisións de nivel superior, sometidas a diversas modificacións históricas e que tiveron case sempre un carácter administrativo, como corresponde a un Estado politicamente centralizado.