Supercopa de Europa 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Supercopa de Europa 2018 foi a 43ª edición da Supercopa de Europa, competición anual de fútbol organizada pola UEFA na que se enfrontan os campións da Liga de Campións da UEFA e da UEFA Europa League da tempada anterior. Esta edición disputárona o Real Madrid Club de Fútbol, campión da Liga de Campións da UEFA 2017-18 e o Club Atlético de Madrid, campión da UEFA Europa League 2017-18. A competición disputouse a partido único o 15 de agosto de 2018 no estadio A. Le Coq Arena en Talín, capital de Estonia.
O Atlético de Madrid logrou impoñerse ao seu eterno rival na capital española por primeira vez nunha final a nivel europeo tras vencelo por 4 goles a 2 na prórroga, logo dun empate 2-2 ao final dos 90 minutos. O dianteiro atlético Diego Costa foi declarado MVP da final na que anotou dous tantos para o seu equipo.
Con esta vitoria, o Atlético logrou a súa terceira vitoria das tres finais que disputou nesta competición. Ademais fixo que das últimas 10 edicións do torneo 9 fosen gañadas por equipos españois.