Síntoma
alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na literatura médica, síntoma é calquera alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo, do seu metabolismo, das súas sensacións, podendo ou non ser reflexo dun indicio de doenza.
Os síntomas son frecuentemente confundidos cos sinais ou signos, que son as alteracións percibidas ou medidas por outra persoa, xeralmente un profesional da saúde. A diferenza entre síntoma (por exemplo dor de cabeza) e sinal ou signo (por exemplo febre), é que o sinal é aquilo que pode ser percibido por outra persoa sen o relato ou comunicación do paciente e o síntoma é a queixa relatada polo paciente e que só el consegue percibir.