Sombras chinesas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O teatro de sombras, tamén chamado teatro de sombras chinesas ou simplemente sombras chinesas[1], é unha antiga forma de contar historias e entreter que usa monicreques que se manteñen entre unha fonte de luz e unha pantalla translúcida, unha tea ou gasa. As marionetas inclúen ás veces cor e outros detalles e acádanse varios efectos movendo os monicreques e a fonte de luz, como que parezan camiñar, bailar, loitar, asentir ou rir.
O teatro de sombras tanto para nenos como para adultos é popular en varias culturas. Ten unha longa historia en Asia, especialmente no Sueste, como en Indonesia, Malaisia, Tailandia, Camboxa, China, India, Irán e Nepal. Tamén ten tradición en Exipto, Turquía, Siria, Grecia, Alemaña, Francia, Estados Unidos etc.[2][3][4][5]