Televisión dixital
From Wikipedia, the free encyclopedia
A televisión dixital é un sistema de difusión do sinal de televisión que utiliza a tecnoloxía dixital para a transmisión da imaxe, o son e servizos interactivos ou de acceso á sociedade da información. Esta transmisión pódese efectuar por cable, por satélite ou por ondas terrestres. Neste último caso, utilízanse os mesmos centros emisores e as mesmas antenas que a televisión terrestre convencional. É o que denominamos Televisión Dixital Terrestre (TDT). Desenvolveuse a partir de comezos da década de 1990 por mor do desenvolvemento de algoritmos de compresión, que permitiron reducir a cantidade de datos requiridos para a transmisión dunha imaxe dixital, e mais tamén da tecnoloxía de circuítos integrados que posibitou a construción de chips complexos a un prezo razoable. O primeiro servizo en emitir televisión dixital para o gran público foi DirectTV para o mercado estadounidense en 1994.[1]