Tenente (Idade Media)
titular dunha tenencia feudal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tenente era o responsábel da tenencia feudal correspondente a unha vila ou rexión, designado polo rei ou o señor durante a Idade Media nos reinos cristiáns da Península Ibérica. A tenencia non daba dereito de propiedade e era temporal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tenente (homónimos).
O tenente administraba xustiza, recadaba os impostos reais e militares, e os ingresos resultantes usualmente repartíanse a partes iguais entre o tenente e o rei.