Tensión mecánica
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física e enxeñaría, denomínase tensión mecánica ao valor da distribución de forzas por unidade de área no contorno dun punto material dentro dun corpo ou medio continuo.
Un caso particular é o da tensión uniaxial, que se define nunha situación en que se aplica forza F uniformemente distribuída sobre unha área A. Nese caso a tensión mecánica uniaxial represéntase por un escalar designado coa letra grega σ (sigma) e vén dada por:
Sendo as unidades [Pa] (pascal = [N/m²]), [MPa] = 106 [Pa] (e tamén [kp/cm²]).
A situación anterior pode estenderse a situacións máis complicadas con forzas non distribuídas uniformemente no interior dun corpo de xeometría máis ou menos complexa. Nese caso a tensión mecánica non pode ser representada por un escalar.
Se se considera un corpo sometido a tensión e imaxina un corte mediante un plano imaxinario π que o divida en dous, sobre cada punto do plano de corte pódese definir un vector tensión tπ que depende do estado tensional interno do corpo, das coordenadas do punto escolleito e do vector unitario normal nπ ao plano π. Nese caso pódese probar que tπ e nπ están relacionados por unha aplicación lineal T ou campo tensorial chamado tensor tensión: