Teodoro I de Montferrato
From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodoro I Paleólogo, nado en Constantinopla sobre o 1290 e finado en Trino o 24 de abril de 1338, foi un príncipe bizantino e marqués de Montferrato desde 1306 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1290 Constantinopla |
Morte | 24 de abril de 1338 (47/48 anos) Trino (pt) |
Marquis of Montferrat (en) | |
1306 (Gregoriano) – 1338 (Gregoriano) ← João I de Monferrato (pt) – João II de Monferrato (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Marqués |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Argentina Spinola (1306 (Gregoriano)–) |
Fillos | Iolanda Paleóloga de Monferrato (pt) , João II de Monferrato (pt) |
Pais | Andrónico II Paleólogo e Irene de Monferrato (pt) |
Irmáns | Miguel IX Paleólogo, Simonida Paleóloga (pt) , João Paleólogo (pt) , Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II) (pt) e Bartholomaios Palaiologos (en) |
Era un fillo do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo e Iolanda de Montferrato e por tanto irmán de pai do tamén emperador Miguel IX Paleólogo quen sucedeu ao seu pai no trono. Despois de que a liña masculina dos Aleramici, marqueses de Montferrato, se extinguise en 1305, herdou Montferrato, xa que a súa nai era irmá de Xoán, o último marqués da familia Aleramici. Desembarcou en Xénova en 1306, gañando aos poucos o territorio de Montferrato sostido por Manfredo IV de Saluzzo, a familia Acaja e o rei Carlos II de Anjou. En 1310 recibiu a investidura imperial polo emperador Henrique VII.