Terceira División RFEF
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF),[1] anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,[2] é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.[3][4]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Terceira División RFEF | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Rexión | España |
Equipos | 18 grupos de entre 16 e 21 equipos |
Ascenso | Segunda División RFEF |
Descenso | Divisións rexionais |
Organizador | RFEF |
Sitio web | www.rfef.es |
Terceira División RFEF 2023/24 |
Pechar
Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.