The Twilight Zone (serie de televisión de 1959)
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Twilight Zone (en galego "a zona crepuscular", comercializada como Twilight Zone nas súas últimas dúas temporadas) é unha serie de televisión de estadounidense de episodios creada e presentada por Rod Serling, que estivo durante cinco tempadas na cadea CBS de 1959 a 1964.[1] Cada episodio presenta unha historia independente en que as personaxes se atopan lidando con eventos a miúdo inquietantes ou pouco frecuentes, unha experiencia descrita como entrar na "zona crepuscular", a miúdo cun final sorpresa e unha sentenza. Aínda que predominantemente de ficción científica, eventos paranormais e kafkianos do programa inclinaron o espectáculo cara á fantasía e o terror.
Xénero |
|
---|---|
Formato | Serie antolóxica |
Creado por | Rod Serling |
Narrado por | Rod Serling |
País de orixe | Estados Unidos} |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 5 |
Episodios | 156 |
Produtor(es) executivo(s) | Rod Serling |
Produtor(es) |
|
Duración | 25 min |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 2 de outubro de 1959 |
Derradeiro episodio | 19 de xuño de 1964 |
Seguido por | The Twilight Zone (1985–89) |
Na rede | |
http://www.cbs.com/shows/the_twilight_zone/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie contou con estrelas consagradas e actores novos que se posteriormente foron recoñecidos. Serling exerceu como produtor executivo e guionista; escribiu ou coescribiu 92 dos 156 episodios do programa e tamén foi o presentador e o narrador do programa, facendo monólogos ao comezo e ao final de cada episodio. As narracións de apertura e peche de Serling normalmente resumen os acontecementos do episodio que engloban e por que as personaxes principais entraron na "zona crepuscular".
En 1997, os episodios "To Serve Man" (dirixido por Richard L. Bare) e "It's a Good Life" (dirixido por James Sheldon)[2] clasificáronse respectivamente no posto 11 e 31 dos 100 mellores episodios de todos os tempos segundo a revista TV Guide.[3] O propio Serling afirmou que os seus episodios favoritos da serie eran "The Invaders" (dirixido por Douglas Heyes) e "Time Enough at Last"[4] (dirixido por John Brahm).[5]
En 2002, The Twilight Zone ocupou o posto número 26 dos 50 mellores programas de televisión de todos os tempos nunha listaxe de TV Guide.[6] En 2004, ocupou o posto 8 no Top Cult Shows Ever de TV Guide,[7] pasando ao posto 9 tres anos despois.[8] En 2013, o Writers Guild of America clasificouna como a terceira serie de televisión mellor escrita[9] e TV Guide clasificouna como a cuarta mellor serie dramática,[10] o segundo mellor programa de ficción científica[11] e o quinto mellor programa de todos os tempos.[12] En 2016, a serie ocupou o posto número 7 na lista dos 100 mellores programas de todos os tempos de Rolling Stone.[13]