The Witcher (serie de televisión)
serie de televisión de 2019 / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Witcher[8] é unha serie de televisión polaco-estadounidense de fantasía e drama producida por Lauren Schmidt Hissrich. Está baseada na serie de libros homónima escrita polo escritor polaco Andrzej Sapkowski. A primeira tempada, que consta de oito episodios, estreouse en Netflix o 20 de decembro de 2019. Unha segunda tempada foi anunciada para a súa estrea en 2021.
Formato | Fantasía, drama e misterio |
---|---|
Creado por | Lauren Schmidt Hissrich |
Desenvolvido por | |
Intérpretes |
|
Tema de apertura |
|
País de orixe | Estados Unidos Polonia[6][7] |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 24 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) | |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 47-67 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe |
|
Primeiro episodio | 20 de decembro de 2019 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80189685 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ambientado nun mundo ficticio medieval coñecido como "o Continente", The Witcher conta a historia dun solitario cazador de monstros, Geralt de Rivia (Henry Cavill), a maga Yennefer de Vengerberg (Anya Chalotra) e a princesa de Cintran Ciri (Freya Allan), cuxos destinos están entrelazados. A primeira tempada está baseada nos libros Ostatnie życzenie e Miecz przeznaczenia, unha colección de historias curtas que preceden a saga principal de Witcher. Explora eventos que deron forma ós tres personaxes principais, antes dos seus primeiros encontros entre eles.
A primeira tempada estreouse subtitulada en galego en Netflix o 10 de setembro de 2022.[9]