Thomas Müller
futbolista alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo. Ten sido eloxiado polo seu ritmo, técnica e compostura, amosando consistencia tanto na anotación como na creación de goles.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Thomas Müller | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Thomas Müller | ||
Nacemento | 13 de setembro de 1989 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | Weilheim in Oberbayern | ||
Altura | 1,86 metros | ||
Posición | Medio ofensivo / Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Bayern München | ||
Número | 25 | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–2000 | TSV Pähl | ||
2000–2007 | Bayern München | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | Bayern München II | 35 | (16) |
2008– | Bayern München | 116 | (39) |
Selección nacional | |||
2004–2005 | Alemaña S-16 | 6 | (4) |
2007 | Alemaña S-19 | 1 | (0) |
2008 | Alemaña S-20 | 1 | (1) |
2009–2010 | Alemaña S-21 | 6 | (1) |
2010– | Alemaña | 19 | (7) |
Na rede | |||
http://www.esmuellert.de/ | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 18 de agosto de 2011.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Produto da canteira do Bayern München, debutou co primeiro equipo da man do adestrador Louis van Gaal durante a tempada 2009-20, pasando a xogar case tódolos partidos nos que conseguiou tanto a liga como a copa de Alemaña, ademais de ser finalista da Liga de Campións. Isto valeulle a súa convocatoria coa selección alemá que participou no Mundial de Suráfrica de 2010 onde marcou cinco goles en seis partidos, acabando a súa selección no terceiro lugar. Müller foi nomeado mellor xogador novo, sendo ademais o máximo goleador do torneo polo que recibiu a Bota de Ouro.