Tiga
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tiga, tamén chamada Tokanod, é unha pequena illa no océano Pacífico sur. Tiga atópase a 35 quilómetros da illa de Lifou, e a 24,5 km de Maré nas illas da Lealdade. As illas da Lealdade son parte do maior arquipélago de Nova Caledonia.
Tiga | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | |
País | Francia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Lealdade |
Linguas | |
Poboación (2004) | 150 hab. |
Superficie | 10 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 21°06′25″S 167°48′53″L |
Maior Altura | 92 m. |
Localización | |
A illa ten 6 km de longo e 2 km de ancho. O punto máis alto é de 76 m sobre o nivel do mar. Alberga unha soa tribo no noroeste e a súa poboación é de 150 habitantes.
A súa forma redondeada deu lugar a unha lenda, que se transmite por tradición oral. Di que unha rata, perseguida polos habitantes da illa de Lifou, correu ata unha roca chamada "taetawanod". Chorou e chorou, ata que unha tartaruga comprometeuse a levala nas costas ata Maré. Pero a tartaruga decidiu interromper a súa viaxe no medio da viaxe, e así apareceu Tiga.