Trastorno bipolar
enfermidade mental / From Wikipedia, the free encyclopedia
O trastorno bipolar ou enfermidade maníaco-depresiva é unha enfermidade mental que consiste nunha forma de trastorno do humor caracterizada por elevacións e descensos do estado de ánimo de carácter patolóxico. Non se trata dos cambios de humor normais que todo o mundo experimenta en función dos acontecementos da vida, senón da alternancia de episodios depresivos con episodios maníacos ou de manía. Estes episodios poden variar en intensidade e en gravidade; os episodios de euforia poden variar entre a hipomanía (forma menos intensa) e a manía con síntomas psicóticas (a máis grave). O trastorno bipolar afecta por igual a homes e a mulleres e xeralmente aparece entre os 15 e os 25 anos. Sófreo entre o 1% e o 2% da poboación.
Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Trastorno bipolar | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
O trastorno bipolar caracterízase por transicións de depresións e tolemia | |
ICD-10 | F31 |
ICD-9 | 296.0, 296.1, 296.4, 296.5, 296.6, 296.7, 296.8 |
OMIM | 125480 309200 |
DiseasesDB | 7812 |
MedlinePlus | 000926 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar