Trisquel GNU/Linux
From Wikipedia, the free encyclopedia
Trisquel GNU/Linux é un proxecto de desenvolvemento de software iniciado pola Universidade de Vigo, e que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, empregando exclusivamente software libre. Atópase dispoñíbel en inglés, galego, castelán, catalán, éuscaro. A versión Dwyn inclúe ademais soporte para francés, chinés, e hindi; optouse así mesmo por substituír o galego como idioma por defecto polo inglés. A última versión (marzo de 2018) é a 8.0 TLS e leva por nome Flidas.
Trisquel GNU/Linux | |
---|---|
Desenvolvedor | Comunidade de Trisquel e Sognus Ltd |
Familia de S.O. | GNU |
Modelo de desenvolvemento | Software libre |
Núcleo | Linux Libre |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Licenzas software libre |
Última versión estable | 8.0[1] 18 de abril de 2018 |
Estado actual | Ceibe |
Sitio web | trisquel.info |
O nome de Trisquel provén do coñecido símbolo celta tríscele (triskelion), que está conformado por tres espirais unidas en eixo. O logotipo desta distribución está feito con tres espirais de Debian unidas, como recoñecemento ao proxecto no que esta distro se basea.
O proxecto naceu en 2004 co apoio da Universidade de Vigo e foi oficialmente presentado en abril do 2005 con Richard Stallman, fundador do proxecto GNU, como invitado de honra. Comezouse a desenvolver a partir do proxecto Debian mais no lanzamento 2.0 cambiou os repositorios polos de Ubuntu, xa que está distribución ten plano de traballo mellor definido. O proxecto conta cos seus propios repositorios que parten dos compoñentes Ubuntu's main e universe, mais eliminando todo software privado.
En decembro de 2008 Trisquel GNU/Linux foi incluída pola Free Software Foundation na lista distribucións GNU/Linux recomendadas logo de verificar seu compromiso tanto no uso do software 100% libre como no da súa promoción.