Val de San Vicente
From Wikipedia, the free encyclopedia
Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Val de San Vicente (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.783 (2023) (54,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 50,9 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 50 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Roberto Escobedo Quintana (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39095 | ||||
Páxina web | aytovaldesanvicente.com |
Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que achegan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.
A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.
O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.
Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.