Valentiniano I
emperador romano entre 364 e 375 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Flavius Iulius Valentinianus, naceu en Cibalae, na Panonia Inferior no ano 321. Fillo de militar, tamén el se adicou ás armas, onde chegou a destacar ata chegar a ser comandante en xefe das tropas romanas. En tempos de Xuliano, foi desterrado e afastado dos centros de poder, política exercida por este emperador. Coa subida o poder de Xoviano, este o chama de novo ao seu carón e chega a ser comandante da garda persoal do emperador. Cando este falece, Valentiniano atopábase en Nicea, na Bitinia, e os seus oficiais e tropas noméano augustus.
Nome orixinal | Flavius Iulius Valentinianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de xullo de 321 Panônia Secunda (pt) |
Morte | 17 de novembro de 375 (54 anos) Brigetio (Pannonia) |
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
Lugar de sepultura | Igreja dos Santos Apóstolos (pt) |
Emperador romano | |
26 de febreiro de 364 – 17 de novembro de 375 ← Xoviano – Valente → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga Imperio Bizantino |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Imperio Romano |
Outro | |
Título | Augusto (título) César (título) |
Familia | Valentinianic dynasty (en) |
Cónxuxe | Justina (imperatriz) (368–) Marina Severa |
Fillos | Gala () Justina (imperatriz) (pt) Valentiniano II () Justina (imperatriz) (pt) Graciano () Marina Severa (pt) Grata (en) () Justina (imperatriz) (pt) |
Pai | Graciano (pt) |
Irmáns | Valente |
Axiña nomea ao seu irmán Valente como collega, para o goberno da parte oriental do imperio. A xuntanza dos dous irmáns prodúcese en Naissus, quedando a cargo de Valente os Balcáns, Grecia, Exipto e Asia Menor. Pronto tivo que facer fronte á primeira sublevación, a de Procopio, parente de Xuliano, que foi vencido en Thryatia, na Lidia, no 366, desfacendo o seu exército e matando ao sublevado. Pouco despois, Valente tenta de chegar a un acordo de paz cos persas, cousa que fora un encargo directo de Valentiniano.