Viño
bebida alcohólica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.
Datos rápidos Valor nutricional por 100 g, Enerxía ...
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 355 kJ (85 kcal) |
2.6 g | |
Azucres | 0.6 g |
0.0 g | |
0.1 g | |
Outros constituíntes | Cantidade |
Alcohol (ethanol) | 10.6 g |
10,6 g de alcohol son 13%vol. 100 g de viño son arredor de 100 ml (3,4 fl oz.) O contido de azucre e alcohol pode variar. | |
| |
Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Pechar