Voo 5017 de Air Algérie
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 5017 de Air Algérie (AH5017/DAH5017) do 24 de xullo de 2014 foi un voo internacional regular de pasaxeiros operado por un avión McDonnell Douglas MD-83, cuxa propietaria é a compañía española Swiftair. Partiu do aeroporto de Uagadugú, en Burkina Faso, ás 01:17 horas (hora local) cara ao aeroporto Internacional Houari Boumedienne de Alxer, capital de Alxeria. A aeronave desapareceu dos radares aéreos cincuenta minutos despois da engalaxe, caendo ao norte de Malí, preto da fronteira con Alxeria.[5][6][7]
Voo 5017 de Air Algérie | |
---|---|
O avión do incidente, Swiftair MD-83, prefixo EC-LTV, no Aeroporto de Madrid-Barajas, España, en xaneiro de 2013. | |
Resumo | |
Data | 24 de xullo de 2014 |
Causa | descoñecida [1] |
Lugar | Malí[2] |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto de Uagadugú, Burkina Faso |
Destino | Aeroporto Internacional Houari Boumedienne, Alxer |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | McDonnell Douglas MD-83 |
Operador | Air Algérie |
Rexistro | EC-LTV |
Pasaxeiros | 110[3] |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 0[4] |
A bordo da aeronave viaxaban 110 pasaxeiros e 6 tripulantes (2 pilotos e 4 auxiliares de voo, todos de nacionalidade española), entre os que, segundo o presidente francés, non hai ningún supervivente.[4] O voo 5017 debía aterrar ás 05:10 (hora local de Alxeria, 07:10 en Europa Occidental).[8]
Isto marcou o terceiro desastre de aviación xeral cun avión comercial afectado nun lapso dunha semana, trala derriba do voo 17 de Malaysia Airlines, o 17 de xullo de 2014, e o accidente do voo 222 de TransAsia Airways, o 23 de xullo de 2014.