Voo 6 de Pan Am
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 6 de Pan Am era un servizo ao redor do mundo que amarou no océano Pacífico o día 16 de outubro de 1956 despois de que fallasen dous dos seus catro motores. O voo 6 saíra de Filadelfia nun Douglas DC-6B e voou cara ao leste ata Europa e Asia nunha viaxe con múltiples paradas. Na tarde do 15 de outubro de 1956 o voo deixou Honolulu nun Boeing 377 Stratocruiser chamado Sovereign of the Skies, con rexistro N90943. O filme de 1958 Crash Landing baseouse no accidente.
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 6 de Pan Am | |
---|---|
O voo 6 momentos antes de amarar | |
Resumo | |
Data | 16 de outubro de 1956 |
Causa | fallo de motor |
Lugar | océano Pacífico, ao nordés de Hawai |
Coordenadas | |
Finados | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 377 Stratocruiser |
Operador | Pan Am |
Rexistro | N90943 |
Pasaxeiros | 24 |
Tripulación | 7 |
Superviventes | 31 |
Pechar