Women's National Basketball Association
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Women's National Basketball Association (WNBA) é unha liga de baloncesto profesional feminina nos Estados Unidos. Actualmente está composta por 12 equipos. A liga foi fundada o 24 de abril de 1996, coma homóloga da National Basketball Association (NBA). Comezouse a xogar no ano 1997. Actualmente, a tempada regular xógase de xuño a setembro, coas Finais no mes de outubro.
WNBA | |
---|---|
Fundación | 24 de abril de 1996 |
Rexión | Estados Unidos |
Presidente | Laurel J. Richie |
Equipos | 12 |
Actual campión | Seattle Storm (3º título) |
Máis laureado | Houston Comets Minnesota Lynx (4 títulos) |
Televisión | ABC, ESPN, NBA TV |
Lema | Expect Great |
Sitio web | wnba.com |
Varios equipos da WNBA teñen o seu homólogo na NBA e xogan no mesmo pavillón. O Connecticut Sun, Seattle Storm e Tulsa Shock son os únicos equipos que non comparten nada con algún equipo NBA, a pesar de que as Seattle Storm compartiran cidade cos Seattle SuperSonics antes do seu traslado a Oklahoma City. Ademais deses tres equipos, o Chicago Sky é o outro único equipo que non comparte pavillón cun equipo da NBA. As catro franquías mencionadas anteriormente, xunto cos Atlanta Dream e os Los Angeles Sparks, teñen propietarios independentes. Esta independencia é moi importante para o crecemento da WNBA, xa que houbo un tempo onde todos os equipos da liga tiñan coma propietaria á NBA.