Wchutemás
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Wchutemás, en ruso: Вхутемáс, acrónimo de Высшие художественно - технические мастерские, «Obradoiros de Ensino Superior da Arte e da Técnica»), tamén transcrito Wchutiemas, Vkhutemas, WChUTEMAS, Vhutemas, Vchutemas, Vjutemás, Vjiutemas, Vkhoutemas, e doutras maneiras, foi unha escola estatal de arte e técnica de Moscova, Rusia, creada en 1920 por decreto do goberno soviético. Os obradoiros foron establecidos por un decreto de Vladímir Lenin coa intención, en palabras do goberno soviético, de «preparar mestres artistas das máis altas cualificacións para a industria, construtores e administradores da educación técnico-profesional».[1][2] A escola tiña 100 membros na planta docente e unha matrícula de 2500 estudantes.[3] Wchutemás foi formada pola fusión de dúas escolas: a Escola de Pintura, Escultura e Arquitectura de Moscova e a Escola de Artes Aplicadas Stróganov.[4] Os talleres tiñan facultades artísticas e industriais; na facultade de arte ditábanse cursos de gráfica, escultura e arquitectura, mentres que na industrial ditábanse cursos sobre impresión, téxtiles, cerámica, madeira e metalurxia.[5]
Wchutemás Высшие художественно - технические мастерские | |
---|---|
Acrónimo | Вхутемáс, transcrito tamén como Vkutemas, Vjutemás e outras variantes |
Tipo | Escola estatal de arte e técnica |
Propósito | Preparar mestres e artistas de altas cualificacións para a industria, construtores e administradores da educación técnico-profesional |
Campo de traballo | Arte e técnica |
Área de operación | Educación |
Data de fundación | 1920, como resultado da fusión de dúas escolas |
Fundador(es) | Goberno soviético (decreto de Lenin) |
Nº de membros | 100 (planta docente) |
Sede | Moscova |
País | Rusia |
55°45′53″N 37°38′08″L | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi un centro dos tres principais movementos de vangarda na arte e a arquitectura: o construtivismo, o racionalismo e o suprematismo. Nos obradoiros, os docentes e os estudantes transformaron a visión da arte e a realidade co uso de xeometría precisa cunha énfase no espazo, nunha das grandes revolucións na historia da arte.[6] Durante 1926, a escola foi reorganizada baixo un novo reitor e o nome foi cambiado de "Talleres" ou "Obradoiros" a "Instituto" (Вхутеин, Высший художественно-технический институт), ou Wchuteín (tamén transcrito Vjuteín). Finalmente e tras dez anos de existencia, foi disolta en 1930, logo de presións internas e políticas. Os docentes, estudantes e a herdanza dispersáronse noutras seis escolas.[7]