Xildas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xildas, nado cara ao 496 ou o 516 e finado cara ao 570, foi un membro salientado da igrexa celto-cristiá en Britania cuxo coñecemento e estilo literario fixéronlle gañarse a designación de Gildas Sapiens -"Xildas o Sabio"-. Foi ordenado sacerdote e nos seus escritos mostra a súa preferencia polo ideal monástico. Fragmentos de cartas escritas por el revelan que creou unha Regra para a vida monástica, que era máis austera cá Regra escrita polo seu contemporáneo San David, e que establecía as oportunas penitencias polo seu incumprimento.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 500 Dumbarton |
Morte | 29 de xaneiro de 570 (69/70 anos) Península de Rhuys (pt) |
Abade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Strathclyde |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | historiador , misioneiro , escritor , monxe |
Profesores | San Illtud |
Lingua | Lingua latina |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 29 de xaneiro |
Familia | |
Fillos | Allgo (en) , Saint Eigrad (en) , Gwynog (en) |
Pechar