Ximnasia rítmica
deporte / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ximnástica rítmica é un deporte, que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres.
O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.
Os elementos que se empregan neste deporte son basicamente cinco:
- Aro. Trátase dun elemento complicado. Anna Bessonova destacou polo seu bo facer con el.
- Fita. A fita é vistosa e divertida, emprégase con música alegre. A súa mellor representante foi Vera Sessina.
- Corda. Está considerado o máis difícil, aínda que por outra banda é tamén o máis elixido polas profesionais da ximnasia rítmica.
- Mazas. É o elemento máis dinámico e alegre. Alina Kabaebva foi considerada a súa mellor representante.
- Pelota. Ofrece as rutinas máis elegantes. A súa figura máis destacada foi Olga Kapranova.
Neste deporte olímpico hai competición tanto por conxuntos coma individualmente. Nestes momentos, Grecia, Italia, Belarús e Rusia ocupan os primeiros postos da clasificación mundial. As galegas Marta Bobo e Alba Caride tamén foron importantes ximnastas das décadas de 1980 e 1990.